primeiro día de clase

primeiro día de clase

12/21/2016

Bo Nadal ,Fran Alonso!!

Ola compas!!
Como se aproximan as datas de desexar bo nadal e feliz anonovo aos seres queridos ,nós elaboramos un video ao noso padriño de aula , o escritor Fran Alonso.Pola contra ,el respostounos cun bico para todos e desexos de volver a vernos…quen sabe, igual este ano nos fai outra visita ao cole…estaría xenial!!
Aquí vai a mostra do noso video.
Foi moi divertido facelo.

Apertas e ata pronto compas!!

12/19/2016

HOXE COCIÑAMOS!!!


Ola a todos e todas!!

Hoxe tivemos a nosa primeira sesión de cociña no cole.Unha amiga da profe Auri,Rocío, que cociña moi ben axudounos a cociñar unhas minipizzas e un brownie delicioooooooso

Mmmmm QUE RICO ESTABA TODO!!

Aquí vos deixamos unha pequena mostra do divertido que foi cociñar…




CEIP Carlos Casares de Slidely by Slidely Slideshow

E recordade familias!!! A cociña está aberta para que nos acompañedes coas vosas receitas favoritas,

animádevos!!

12/12/2016

O noso mannequin challenge


OLA AMIGOCHOS!!

Este nadal, e como está de moda na rede, imos facer un mannequin challenge entre o alumnado e os profes do cole.

Aquí vai un ensaio que fixemos na clase.
O definitivo está colgado na WEB DO COLE.

Apertas para todos ós nosos seguidores!!

12/09/2016

OUR ENGLISH CLASS

OLA AMIGOCHOS!!
Durante este primeiro trimestre de 4º,nas clases de Inglés estamos aprendendo moitas cousas interesantes…


Aquí vaivos unha pequena mostra relacionado co proxecto anual; a alimentación

 BALANCED DIET
We learn about a balanced diet in  our English class.


We talk about the food we eat












And point how much we have..




…of each group: fruit and vegetables, proteins…



Carbohidrates



Sweets and fats




Milk Products




We learn  how a balanced diet must be
..






It was funny!!

11/29/2016

25 de Novembro,Día Internacional Contra a Violencia de Xénero

Ola compas!!

Neste mes de novembro recordamos o día internacional contra a violencia de xénero.Foi o día 25 e para conmemoralo entre os profes e o alumnado deste cole elaboramos un mural onde cada un tiña que facer un silueta de nena e neno e igualalo conoutro moneco.gustounos moito porque nós tamén traballamos na confección dos versos recollidos no libro ¨poemas birollos para ler cos ollos¨do noso padriño de aula Fran Alonso.


CEIP Carlos Casares de Slidely by Slidely Slideshow

Videos sobre a auga

auga

Amigochos de 4ºB .A profe Auri deixavos uns enlaces para que  volvades a ver os videos de Eduteca que tanto vos gusta sobre a auga …estade atentos porque con estes videos apréndese moito.











               Apertas para 4ºB                           

11/14/2016

rap dos 5 sentidos

EN  CIENCIAS  DA NATUREZA  RAPEAMOS O RAP DOS 5 SENTIDOS

O noso tema de ciencias sociais dos cinco sentidos aprendémolo rapeando.Aquí vai unha mostra.

11/08/2016

SAMAÍN E MAGOSTO

CELEBRAMOS O SAMAÍN- MAGOSTO
 Este venres 28 de outubro celebramos na escola a festa do samaín e do magosto. Unha das cancións que mais nos gustou e que a puxemos varias veces na clase foi esta..

10/28/2016

SAMAÍN E MAGOSTO

OLA AMIGOCHOS!!

Xa chegou o Samaín e o Magosto ao Carlos Casares cargadiño de moitas cabazas terrroríficas e ricas castañas..mirade mirade!!



O SAMAIN E MAGOSTO NO CEIP CARLOS CASARES by Slidely Slideshow

10/17/2016

FRAN ALONSO, O NOSO PADRIÑO


  Lendo ao noso
 padriño de aula
   Fran Alonso

Ola compas e familias do Ceip Carlos Casare.Estes días, na hora de lectura, estamos lendo obras do noso padriño de aula; Fran Alonso.Jimena, África e Naiara son as que se animaron a ler un pouquiño para os demais compañeiros de clase.
Animádevos a ler a Fran Alonso!







10/09/2016

IMOS DE SENDEIRISMO!!!

Os  de 3º e 4º fomos de exursión a Chandebrito
Os alumnos e alumnas  do noso cole fomos a coñecer como era un muiño.A súa propietaria chámase Olivia e foi moi agradable a pornos o muiño en funcionamento.

Tamén visitamos os petroglifos do Rabete e a fraga de Rodas…foi un excursión de dez!!!🙌






9/28/2016

OLA COMPAS DO CARLOS CASARES!!!
Este é o blog da nosa aula de 4º, nel contaremos peripecias ,larpeiradas e moitísimas historias que viviremos neste curso.
Amosámosvos unha imaxe de algo que facemos tódolos días despois de vir do recreo; a lectura !!

Dispoñemos dun chan moi axeitado para relaxarnos e ter unha lectura cómoda e divertida!!