primeiro día de clase

primeiro día de clase

4/19/2017

Carteámonos

Ola amigos e amigas:
Neste mes comezamos unha nova actividade de clase,chamámoslle: ¨Carteámonos ¨
O carteo é co 4º curso  do colexio CEIP NEIRA V ILAS de Peitieiros.Cada un de nós carteámonos cun ou cunha compa da clase de cuarto de Peitieiros …
 mandamóslle  unha carta grupal para que se fagan unha idea de cómo é a nosa clase e o que facemos nela.

Para que nos coñeceran un pouco mais ,ademais de mandarlle unha foto de grupo e as cartas individuais mandámoslle unha carta de grupo.
Aquí vai a carta que compartimos con todos e todas vós.


Ola Amigochos
Somos os nenos e nenas de 4ºB do Ceip Carlos Casares e estamos enacantados de cartearnos con vós.
Imos contarvos como é e  como nos organizamos na clase de 4ºB. A profe Auri, así se chama a nosa titora, distribuíunos en 4 grupos chamados: B,  Alfa, Tachenco é Casares,fomos nós quen eliximos os nomes,gústavos? Cada grupo ten encomendado unhas determinadas tarefas: repartir libros,subir e baixar persianas,por a data, borrar o encerado ,limpar o recuncho da biblio de aula.Ademais  dese recuncho de biblio que utilizamos tódolos días despois do recreo con música de relaxación para concentrarnos na lectura, temos o recanto dos xogos, o recanto de plástica e o recanto de informática…a cada grupo tócalle estar nun recanto cada mes.
Tamén temos un padriño de aula  que é o escritor  Fran Alonso e este ano veunos  contar poesías do seu libro O meu gato é un poeta…está xenial!!.Recomendámosvolo                                    
Tamén temos un blogue 0nde escribimos noticias que pasan na nosa escola,xogamos con xogos que pon a profe e mesmo somos detectives internautas que investigamos cousas en internet…pasámolo moi ben.
E agora tócavos a vós.
Que é o que mais vos gusta?,como vos organizades na clase?
Esperamos que pronto nos contestedes.Estamos moi ilusionados.

Unha aperta moi moi forte para todos vós!                               

Ningún comentario: