primeiro día de clase

primeiro día de clase

6/08/2017

bibliocasares

E seguimos coas nosas lecturas na hora de bibliocasares

A líña do tempo

Ola amigochos:
Estes días estamos facendo  en C.S. a líña do tempo. Ímonos disfrazar de cada etapa da prehistoria e da historia para recrear esceas deses tempos sacaremos fotos e con esas fotos realizaremos unha liña do tempo. 






fotografía Tania

5/30/2017

DESCUBRIMENTO DE ÁMERICA

Ola amigoches.
Estes días en ciencias sociais estamos facendo unha liña do tempo e parece que o Descubrimento de Ámerica  esperta o noso interese...Queredes velo? 








ANIVERSARIOS

Ola amigoches.
Hoxe foi o aniversario de Aitor e Sergio porque hoxe...XA SON MAIORES!!

Como Roi estivo de cumple coincidindo en vacacións de nadal tamén aproveitou as candeas para sopralas.
Van as imaxes e esperamos que vos gusten.


BiblioCasares

Ola amigos.

Aquí  vai unha presentación con  imaxes do que fixemos nestes días.

5/25/2017

Empregamos tablets

Ola amigos!!
Estas semanas estamos empregando na clase de lengua castelá as tablets de mostra que a empresa snappet nos ofreceu..aquí vedes una pequeña mostra do ben que o pasamos


Liña do tempo

Ola compas!!
Sabedes o divertido que é facer unha liña do tempo?.
En ciencias sociais estamos aprendendo as distintas etapas da prehistoria e da historia.Videos coma este axúdannos a entendelo mellor…
Que o disfrutedes!!



5/22/2017

Mate *

Ola Amigochos!!
En matemáticas estamos coñecendo a xeometría.Videos coma este axúdannos a entendelo mellor…
Que o disfrutedes!!

5/21/2017

Lecturas na biblio


Ola amigochos :
Seguimos disfrutando das nosas sesións de lecturas na aula.
Esta vez quen se animou a ler foi Elias.
Disfrutade con él. 



5/20/2017

pensamos ...pensamos...

Bos días amigochos:
Estes días medimos lonxitudes, capacidades e masas e facémonos dúas preguntas:
- Hai algunha unidade de masa maior que a  tonelada?  
 -Hai unidade menor que o mg?

 Equipos …. A pensar!!!

Tedes ata o día 26 de maio para entregar as vosas respostas.
Ánimo detectives  internautas!!!


5/19/2017

Cantamos no auditorio

Ola amigas:
Parte da nosa cuadrilla de alumnas de 4ºB participou nun acto moi lindo en colaboración co conservatorio de Gondomar.
Cantaron dúas cancións que estaban vinculadas a Gran Rosalía de Catro e a Carlos Casares.

Botaron moitas horas de ensaio coa profe Carmen e este é o resultado. Mirade , mirade..

Ensaio musical

Ola Amigochos!

Estes días na clase música estamos aprendendo coa profe Carmen dúas cancións moi coñecidas por todos e todas nós…seremos quen de adiviñar de que cancións se trata? Escoitade ,escoitade.





5/17/2017

As nosas Letras Galegas

Ola amigochos!
O martes día 16 de maio  celebramos o día das letras Galegas que este ano foi dedicado ao escritor e veciño  de Vilariño, Carlos Casares.

Aquí vai o nosa pequena pero moi linda aportación ao Festival das letras Galegas 2017.
Tamén podedes ver a presentación que o noso colexio dedicou a Carlos Csares, 
Gustavos?


5/16/2017

Experimentamos coa materia


Ola Amigochos.
Estes días en ciencias naturais estamos apr endendo que é unha materia, a súas propiedades  e algúns tipos.
Agora xa coñecemos que existen dous tipos de mestura : homoxéneos ,aqueles onde non se distinguen a simple vista os compoñentes da mestura e pola contra, heteroxéneas , que fan referencia a aquelas mesturas onde si se diferencia os compoñentes.
Deixámosvos unha mostra do que fixemos na clase.












5/12/2017

4/25/2017

Día do libro

Día do libro.
Onte día luns 24 de abril de 2017,celebramos o día do libro xa que o seu verdadeiro día foi o domingo. Por parellas límoslles aos nenos e nenas libros da biblioteca.
A 4 tocounos lerlles a 1º e a 5º de infantil.
 A nosa experiencia foi divertida porque primeiro tivemos que preparalos contos  con: marionetas,peluches,disfraces,

debuxos,etc .Foi unha actividade moi linda porque contar contos é moi divertido.Deixámosvos fotos da experiencia tan incrible.














4/19/2017

Carteámonos

Ola amigos e amigas:
Neste mes comezamos unha nova actividade de clase,chamámoslle: ¨Carteámonos ¨
O carteo é co 4º curso  do colexio CEIP NEIRA V ILAS de Peitieiros.Cada un de nós carteámonos cun ou cunha compa da clase de cuarto de Peitieiros …
 mandamóslle  unha carta grupal para que se fagan unha idea de cómo é a nosa clase e o que facemos nela.

Para que nos coñeceran un pouco mais ,ademais de mandarlle unha foto de grupo e as cartas individuais mandámoslle unha carta de grupo.
Aquí vai a carta que compartimos con todos e todas vós.


Ola Amigochos
Somos os nenos e nenas de 4ºB do Ceip Carlos Casares e estamos enacantados de cartearnos con vós.
Imos contarvos como é e  como nos organizamos na clase de 4ºB. A profe Auri, así se chama a nosa titora, distribuíunos en 4 grupos chamados: B,  Alfa, Tachenco é Casares,fomos nós quen eliximos os nomes,gústavos? Cada grupo ten encomendado unhas determinadas tarefas: repartir libros,subir e baixar persianas,por a data, borrar o encerado ,limpar o recuncho da biblio de aula.Ademais  dese recuncho de biblio que utilizamos tódolos días despois do recreo con música de relaxación para concentrarnos na lectura, temos o recanto dos xogos, o recanto de plástica e o recanto de informática…a cada grupo tócalle estar nun recanto cada mes.
Tamén temos un padriño de aula  que é o escritor  Fran Alonso e este ano veunos  contar poesías do seu libro O meu gato é un poeta…está xenial!!.Recomendámosvolo                                    
Tamén temos un blogue 0nde escribimos noticias que pasan na nosa escola,xogamos con xogos que pon a profe e mesmo somos detectives internautas que investigamos cousas en internet…pasámolo moi ben.
E agora tócavos a vós.
Que é o que mais vos gusta?,como vos organizades na clase?
Esperamos que pronto nos contestedes.Estamos moi ilusionados.

Unha aperta moi moi forte para todos vós!                               

4/18/2017

decoramos as ventás da clase

Ola  amigochos!
  Estes  días   nas  clases de  plástica  estamos  pintando  as  ventás da clase  e  uns  semicilindros para sentarnos no recuncho da biblio na hora de ler.
A idea de pintar coa técnica de puntos foi da profe Susana  de 3ºA.
Nós, ao ver que quedaban tan chulas animámonos a  debuxar e pintar un caracol,  unha lúa, unha flor do libro do principiño, un sol e unha rá, quedounos moi lindas.

 Ímosvos deixar unhas mostras para que opinedes.










semicilindro













Fotógrafía:Tania e Héctor

4/03/2017

Quen me quere adoptar?

Ola amigochos.
Fai unhas semanas estivemos co conto¨ Quen me quere adoptar? ¨ de Fina Casalderrey . Estamos  facendo letras do abecedario coa técnica do rasgado, debuxos  e pintamos os protagonistas deste conto...estannos quedando  moi chulos!!!
 Os de 3º rasgan papeliños de cores para cubrir a roupa e os zapatos dos trillizos desta historia, mentras que os  de 4º estamos facendo o mesmo pero coa roupa do avó.Falta o gato do protagonista.
Gústavos como nos está quedando? Aquí vai o acto que celebramos con Fina Casalderrey



fotografía Elías

3/30/2017

Karaoke na clase de inglés

Ola amigos e amigas, hoxe a clase de  inglés foi moi divertida porque fixemos un karaoke.Cantamos unhas cancións chamadas:Mamma Mia do grupo ABBA e Imagine de Jhon Lennon.
Aquí vai unha mostra.





3/21/2017

NOMES DOS DETECTIVES

Ola Amigas e amigos!!
Xa temos os nomes das nosas detectives, elas son:
Tania,Jimena, Aitana e Xoán.
Brillante traballo de investigación.

Apertas  detectives

3/16/2017

Os animais

Ola amigochos!!!
Estes días en ciencias naturais estamos dando”Os animais”
Os animais poden ser : invertebrados ou vertebrados.
Entre os invertebrados están: os anélidos,os moluscos e os artrópodos.
Os anélidos son os que teñen o corpo formado por aneis.
Os moluscos son os que teñen o corpo formado por unha cuncha , ainda que algúns como o polbo non a teñen.
Os artrópodos teñen o corpo recuberto dunha especie de cuncha e posúen patas articuladas.
A especie de animais mais abundante dos invertebrados son os insectos.Os insectos están divididos en diferentes partes: cabeza, torax e abdome. 
Todos teñen seis patas e dúas antenas. A maioría teñen ás.
O aspecto exterior dos animais vertebrados é moi diverso.
O corpo dos animais vertebrados está dividido en:Cabeza , tronco e extremidades.



3/15/2017

Vennos visitar Fran Alonso

Ola amigochos!!!
Maña día 16 de marzo de 2017vennos visitar o noso padriño de aula Fran Alonso.Para nós é un pracer que nos veña  visitar.
 Durante o curso limos moitos libros del,como:Cidades,Contos Nerviosos,O Meu Gato é Un Poeta,Poemas Birollos Para Ler Cos Ollos,A Araña Mais Eu e A Casa Da Duna.
Escribimos algúns poemas do libro Poemas Birollos Para Ler Cos Ollos.





3/08/2017

DETECTIVES INTERNAUTAS

Ola detectives:
Nestas datas próximas ao 8 de marzo,día internacional da muller traballadora,lanzamos o terceiro enigma:
1)Por que se celebra o día Internacional da muller  traballadora o 8 de marzo e non outro día do ano?

2) En que ano e en que lugar  ocorreu  o suceso ?
Deixovos unha pistiña premendo aquí

O prazo das vosas pesquisas remata o venres 17 de marzo.
Ánimo  detectives!

Eu son FEMINISTA

O noso 8 de marzo 
“Día Internacional da Muller”
Pregunta: Que pasaría se as mulleres desapareceran por un día?    
Resposta:Os homes,os nenos sentariamos moita soidade.Faltaríanos unha parte importante da nosa vida. Moitos negocios pecharían e o mundo estaría triste sen as mulleres 



Acto conmemorativo do DÍA DA MULLER
Contra a trata, a desigualdade salarial, as agresións, o peso dos coidados, a falta de
recursos, o empobrecemento, a discriminación, os estereotipos, por un mundo xusto no
que a vida se coloque no centro, por un mundo feminista.
 SEN EDUCACIÓN NON HAI IGUALDADE!


2/21/2017

ENTROIDO NO CARLOS CASARES

Ola Amigochos de cuarto!
Xa vai ser entroido e a nosa galiña azul xa nos mandou traer cousas.
O luns tivemos que traer un mandil



 Hoxe martes mandounos traer un coador e algo na cabeza.
O mércores adornaremos a nosa  roupa cun ramo verde ou perexil.

E o xoves? No pescozo un colar comestible  traeremos.

E chegamos ao venres onde  os de cuarto e terceiro vestirémonos de doces porque todo o cole imos facer a pirámide dos alimentos.

Ao remate teremos unha chocolatada e filloas.
UMM QUE RICO!!!





REDACCIÓN DE: JIMENA e ÁFRICA.

Prensa Casares


Tod@s @s alumn@s estamos preocupados porque non atopamos roupa rosa para a  pirámide alimenticia.

Se encontrades roupa rosa ou lila traédea , grazas.


Redacción de:
Roi e Aitana

2/20/2017

16 de febreiro ,DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Ola 4ºB :

Nestas datas próximas ao do día grande de Rosalía  e coincidindo co entroido, que mellor que disfrazarmos da Gran Poetisa Galega? Nós, e as nosas familia…mirade mirade!!


As placas terrestres

Que lle pasan ás placas terrestres para que formen unha cordilleira?..esta e outras cuestións  resólvense nos seguintes videos






2/18/2017

Detectives internautas de ROSALÍA DE CASTRO

Xa temos gañadores neste segundo concurso de detectives internautas sobre a vida e obra da gran escritora Rosalía de Castro.
E como moi ben respostou Jimena,Roi e Xoán, Rosalía de Castro tiña tres obras importantes:CANTARES GALLEGOS, FOLLAS NOVAS e EN LAS ORILLAS DEL SAR
A  segunda resposta é:
Celébrase o DÍA DE  ROSALÍA O 24 DE FEBREIRO porque foi o día no que naceu no inverno do ano 1837.

Moitas felicidades aos detectives internautas Xoán, Jimena e Roi… apertas para vós

2/17/2017

DIA DA PAZ ESCOLAR

Ola Amigochos!!
Mirade que video tan lindo preparou o profe Miguel co traballo de todo o cole para celebrar o DÍA DA PAZ ESCOLAR!!
Subídelle  o volumen aos altofalentes e disfrutade un ratiño!!

2/09/2017

O relevo

Amigochos de 4ºB:
Déixovos un lim para que  xoguedes co vocabulario de ciencias sociais ¨O relevo¨
preme aquí:O relevo
E tamén vai un video sobre o relevo de Galicia.



2/06/2017

O relevo de España

Ola compas!!

Como en ciencias sociais estamos aprendendo o relevo de España, aquí déixovos uns videos para que pasedes un ratiño aprendendo


2/05/2017

Detectives de Rosalía de Castro


Ola compas!!!

Xa comeza o segundo concurso de Auténticos Detectives.

Esta vez teredes que indagar sobre Rosalía de Castro.Aí van os dous enigmas:

1ºCales son as tres obras claves de Rosalía de Castro?

2ª Por que celebramos o Día de Rosalía o 24 de febreiro?

Se queredes unha pistiña premede aquí:
Rosalía de Castro
 
A investigar detectives!!

1/29/2017

Cociñamos co pai de Anxo


Ola amigos , aquí vos deixamos un pequeno recordo do moito que aprendimos e disfrutamos con Roberto  na sesión estupendísima de cociña....Roberto es o noso Chef!!

Porque...alguén sabe de que planta  extráese a vainilla? ou ...como sabemos se un ovo está cocido ou crú a simple vista?...Estas curiosidades culinarias respostáronse  con Roberto.

Graciñas

Cociñamos con Roberto , o pai de Anxo by Slidely Slideshow

África e Nasya auténticas detecticves!!


Ola compas!!!

Xa están aquí os nomes dos/as detectives que indagaron sobre a data que asasinaron a Gandhi.  E  son: Nasya e África, Noraboa !!! Demostrastes ser unhas auténticas detectives ao confirmar que a data era o30 de xaneiro de 1948 de aí que ese día se celebre o día da Paz Escolar ao tratarse do falecemento deste gran avogado,pensador , político e pacifista  hinduista indio, que loitou sen violencia pola libertade do seu pobo.
Para aqueles que lles interese saber máis sobre este tema aquí van estes video.
APERTAS!!

1/26/2017

Cociñamos con Roberto

Maña día 27 de febreiro, venres, o pai de Anxo  ven a ensinarnos a facer: Creps, torrijas, flan e ovos recheos...Mmmmm que ricooooooo!!
Imos cociñar: