primeiro día de clase

primeiro día de clase

1/29/2017

Cociñamos co pai de Anxo


Ola amigos , aquí vos deixamos un pequeno recordo do moito que aprendimos e disfrutamos con Roberto  na sesión estupendísima de cociña....Roberto es o noso Chef!!

Porque...alguén sabe de que planta  extráese a vainilla? ou ...como sabemos se un ovo está cocido ou crú a simple vista?...Estas curiosidades culinarias respostáronse  con Roberto.

Graciñas

Cociñamos con Roberto , o pai de Anxo by Slidely Slideshow

África e Nasya auténticas detecticves!!


Ola compas!!!

Xa están aquí os nomes dos/as detectives que indagaron sobre a data que asasinaron a Gandhi.  E  son: Nasya e África, Noraboa !!! Demostrastes ser unhas auténticas detectives ao confirmar que a data era o30 de xaneiro de 1948 de aí que ese día se celebre o día da Paz Escolar ao tratarse do falecemento deste gran avogado,pensador , político e pacifista  hinduista indio, que loitou sen violencia pola libertade do seu pobo.
Para aqueles que lles interese saber máis sobre este tema aquí van estes video.
APERTAS!!

1/26/2017

Cociñamos con Roberto

Maña día 27 de febreiro, venres, o pai de Anxo  ven a ensinarnos a facer: Creps, torrijas, flan e ovos recheos...Mmmmm que ricooooooo!!
Imos cociñar:

1/25/2017

Alimentámonos san co nutricionista Adrián Martíns

Que ricos os muffins de ovo con verduras,  hamburguesas  de garavanzo e remolacha e de postre batido de amorodos e banana que nos mostrou o nutricionista e dietista Adrián Martíns  coa súa sesión  …
 DE LI CIO SO


Ao Carlos Casares chegou o nutricionista Adrián Martins by Slidely Slideshow

1/21/2017

AUTÉNTICOS DETECTIVES

Ola!:
Achégase o día da Paz Escolar e, porque sodes uns auténticos detectives internautas, propóñovos un enigma…a ver quen me da información de: cando asasinaron a Gandhi?, ollo!!  O ano e o día.
Déixovos unha pistiña aquí:


DETECTIVES

A traballar detectives!!

1/20/2017

QUE DIVERTIDO É APRENDER!!

 Ola amigochos!!
 Para os que queirades reforzar as actividades de aula das diferentes asignaturas  premede aquí:
 E escollede a actividade que máis vos apeteza.

Ánimo,que son faciliños!!

1/19/2017

XOGOS MATE


Ola!
Apetécevos botar unha partidiña en xogos onde haxa que sumar, restar, multiplicar ou dividir?

Premede aquí:

 divide e vencerás

operaciones
Aprendede e divertídevos!

1/17/2017

As plantas

As plantas

Amigochos de 4ºB: A profe Auri déixavos uns enlaces para que  volvades a ver os videos de Eduteca que tanto vos gusta sobre as plantas.
Estade atentos porque con estes videos aprenderedes moito!

                            As plantas: partes dunha planta

as plantas: tipos, relación e reproducción

as plantas: nutrición  e fotosíntesis


 Se premedes aquí:  xogo sobre as plantas  e  máis xogos de plantas  accederedes a uns lims no que podedes xogar e aprender sobre as plantas.

Apertas para 4ºB