primeiro día de clase

primeiro día de clase

3/30/2017

Karaoke na clase de inglés

Ola amigos e amigas, hoxe a clase de  inglés foi moi divertida porque fixemos un karaoke.Cantamos unhas cancións chamadas:Mamma Mia do grupo ABBA e Imagine de Jhon Lennon.
Aquí vai unha mostra.





3/21/2017

NOMES DOS DETECTIVES

Ola Amigas e amigos!!
Xa temos os nomes das nosas detectives, elas son:
Tania,Jimena, Aitana e Xoán.
Brillante traballo de investigación.

Apertas  detectives

3/16/2017

Os animais

Ola amigochos!!!
Estes días en ciencias naturais estamos dando”Os animais”
Os animais poden ser : invertebrados ou vertebrados.
Entre os invertebrados están: os anélidos,os moluscos e os artrópodos.
Os anélidos son os que teñen o corpo formado por aneis.
Os moluscos son os que teñen o corpo formado por unha cuncha , ainda que algúns como o polbo non a teñen.
Os artrópodos teñen o corpo recuberto dunha especie de cuncha e posúen patas articuladas.
A especie de animais mais abundante dos invertebrados son os insectos.Os insectos están divididos en diferentes partes: cabeza, torax e abdome. 
Todos teñen seis patas e dúas antenas. A maioría teñen ás.
O aspecto exterior dos animais vertebrados é moi diverso.
O corpo dos animais vertebrados está dividido en:Cabeza , tronco e extremidades.



3/15/2017

Vennos visitar Fran Alonso

Ola amigochos!!!
Maña día 16 de marzo de 2017vennos visitar o noso padriño de aula Fran Alonso.Para nós é un pracer que nos veña  visitar.
 Durante o curso limos moitos libros del,como:Cidades,Contos Nerviosos,O Meu Gato é Un Poeta,Poemas Birollos Para Ler Cos Ollos,A Araña Mais Eu e A Casa Da Duna.
Escribimos algúns poemas do libro Poemas Birollos Para Ler Cos Ollos.





3/08/2017

DETECTIVES INTERNAUTAS

Ola detectives:
Nestas datas próximas ao 8 de marzo,día internacional da muller traballadora,lanzamos o terceiro enigma:
1)Por que se celebra o día Internacional da muller  traballadora o 8 de marzo e non outro día do ano?

2) En que ano e en que lugar  ocorreu  o suceso ?
Deixovos unha pistiña premendo aquí

O prazo das vosas pesquisas remata o venres 17 de marzo.
Ánimo  detectives!

Eu son FEMINISTA

O noso 8 de marzo 
“Día Internacional da Muller”
Pregunta: Que pasaría se as mulleres desapareceran por un día?    
Resposta:Os homes,os nenos sentariamos moita soidade.Faltaríanos unha parte importante da nosa vida. Moitos negocios pecharían e o mundo estaría triste sen as mulleres 



Acto conmemorativo do DÍA DA MULLER
Contra a trata, a desigualdade salarial, as agresións, o peso dos coidados, a falta de
recursos, o empobrecemento, a discriminación, os estereotipos, por un mundo xusto no
que a vida se coloque no centro, por un mundo feminista.
 SEN EDUCACIÓN NON HAI IGUALDADE!