primeiro día de clase

primeiro día de clase

2/21/2017

ENTROIDO NO CARLOS CASARES

Ola Amigochos de cuarto!
Xa vai ser entroido e a nosa galiña azul xa nos mandou traer cousas.
O luns tivemos que traer un mandil



 Hoxe martes mandounos traer un coador e algo na cabeza.
O mércores adornaremos a nosa  roupa cun ramo verde ou perexil.

E o xoves? No pescozo un colar comestible  traeremos.

E chegamos ao venres onde  os de cuarto e terceiro vestirémonos de doces porque todo o cole imos facer a pirámide dos alimentos.

Ao remate teremos unha chocolatada e filloas.
UMM QUE RICO!!!





REDACCIÓN DE: JIMENA e ÁFRICA.

Prensa Casares


Tod@s @s alumn@s estamos preocupados porque non atopamos roupa rosa para a  pirámide alimenticia.

Se encontrades roupa rosa ou lila traédea , grazas.


Redacción de:
Roi e Aitana

2/20/2017

16 de febreiro ,DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Ola 4ºB :

Nestas datas próximas ao do día grande de Rosalía  e coincidindo co entroido, que mellor que disfrazarmos da Gran Poetisa Galega? Nós, e as nosas familia…mirade mirade!!


As placas terrestres

Que lle pasan ás placas terrestres para que formen unha cordilleira?..esta e outras cuestións  resólvense nos seguintes videos






2/18/2017

Detectives internautas de ROSALÍA DE CASTRO

Xa temos gañadores neste segundo concurso de detectives internautas sobre a vida e obra da gran escritora Rosalía de Castro.
E como moi ben respostou Jimena,Roi e Xoán, Rosalía de Castro tiña tres obras importantes:CANTARES GALLEGOS, FOLLAS NOVAS e EN LAS ORILLAS DEL SAR
A  segunda resposta é:
Celébrase o DÍA DE  ROSALÍA O 24 DE FEBREIRO porque foi o día no que naceu no inverno do ano 1837.

Moitas felicidades aos detectives internautas Xoán, Jimena e Roi… apertas para vós

2/17/2017

DIA DA PAZ ESCOLAR

Ola Amigochos!!
Mirade que video tan lindo preparou o profe Miguel co traballo de todo o cole para celebrar o DÍA DA PAZ ESCOLAR!!
Subídelle  o volumen aos altofalentes e disfrutade un ratiño!!

2/09/2017

O relevo

Amigochos de 4ºB:
Déixovos un lim para que  xoguedes co vocabulario de ciencias sociais ¨O relevo¨
preme aquí:O relevo
E tamén vai un video sobre o relevo de Galicia.



2/06/2017

O relevo de España

Ola compas!!

Como en ciencias sociais estamos aprendendo o relevo de España, aquí déixovos uns videos para que pasedes un ratiño aprendendo


2/05/2017

Detectives de Rosalía de Castro


Ola compas!!!

Xa comeza o segundo concurso de Auténticos Detectives.

Esta vez teredes que indagar sobre Rosalía de Castro.Aí van os dous enigmas:

1ºCales son as tres obras claves de Rosalía de Castro?

2ª Por que celebramos o Día de Rosalía o 24 de febreiro?

Se queredes unha pistiña premede aquí:
Rosalía de Castro
 
A investigar detectives!!