primeiro día de clase

primeiro día de clase

4/25/2017

Día do libro

Día do libro.
Onte día luns 24 de abril de 2017,celebramos o día do libro xa que o seu verdadeiro día foi o domingo. Por parellas límoslles aos nenos e nenas libros da biblioteca.
A 4 tocounos lerlles a 1º e a 5º de infantil.
 A nosa experiencia foi divertida porque primeiro tivemos que preparalos contos  con: marionetas,peluches,disfraces,

debuxos,etc .Foi unha actividade moi linda porque contar contos é moi divertido.Deixámosvos fotos da experiencia tan incrible.














4/19/2017

Carteámonos

Ola amigos e amigas:
Neste mes comezamos unha nova actividade de clase,chamámoslle: ¨Carteámonos ¨
O carteo é co 4º curso  do colexio CEIP NEIRA V ILAS de Peitieiros.Cada un de nós carteámonos cun ou cunha compa da clase de cuarto de Peitieiros …
 mandamóslle  unha carta grupal para que se fagan unha idea de cómo é a nosa clase e o que facemos nela.

Para que nos coñeceran un pouco mais ,ademais de mandarlle unha foto de grupo e as cartas individuais mandámoslle unha carta de grupo.
Aquí vai a carta que compartimos con todos e todas vós.


Ola Amigochos
Somos os nenos e nenas de 4ºB do Ceip Carlos Casares e estamos enacantados de cartearnos con vós.
Imos contarvos como é e  como nos organizamos na clase de 4ºB. A profe Auri, así se chama a nosa titora, distribuíunos en 4 grupos chamados: B,  Alfa, Tachenco é Casares,fomos nós quen eliximos os nomes,gústavos? Cada grupo ten encomendado unhas determinadas tarefas: repartir libros,subir e baixar persianas,por a data, borrar o encerado ,limpar o recuncho da biblio de aula.Ademais  dese recuncho de biblio que utilizamos tódolos días despois do recreo con música de relaxación para concentrarnos na lectura, temos o recanto dos xogos, o recanto de plástica e o recanto de informática…a cada grupo tócalle estar nun recanto cada mes.
Tamén temos un padriño de aula  que é o escritor  Fran Alonso e este ano veunos  contar poesías do seu libro O meu gato é un poeta…está xenial!!.Recomendámosvolo                                    
Tamén temos un blogue 0nde escribimos noticias que pasan na nosa escola,xogamos con xogos que pon a profe e mesmo somos detectives internautas que investigamos cousas en internet…pasámolo moi ben.
E agora tócavos a vós.
Que é o que mais vos gusta?,como vos organizades na clase?
Esperamos que pronto nos contestedes.Estamos moi ilusionados.

Unha aperta moi moi forte para todos vós!                               

4/18/2017

decoramos as ventás da clase

Ola  amigochos!
  Estes  días   nas  clases de  plástica  estamos  pintando  as  ventás da clase  e  uns  semicilindros para sentarnos no recuncho da biblio na hora de ler.
A idea de pintar coa técnica de puntos foi da profe Susana  de 3ºA.
Nós, ao ver que quedaban tan chulas animámonos a  debuxar e pintar un caracol,  unha lúa, unha flor do libro do principiño, un sol e unha rá, quedounos moi lindas.

 Ímosvos deixar unhas mostras para que opinedes.










semicilindro













Fotógrafía:Tania e Héctor

4/03/2017

Quen me quere adoptar?

Ola amigochos.
Fai unhas semanas estivemos co conto¨ Quen me quere adoptar? ¨ de Fina Casalderrey . Estamos  facendo letras do abecedario coa técnica do rasgado, debuxos  e pintamos os protagonistas deste conto...estannos quedando  moi chulos!!!
 Os de 3º rasgan papeliños de cores para cubrir a roupa e os zapatos dos trillizos desta historia, mentras que os  de 4º estamos facendo o mesmo pero coa roupa do avó.Falta o gato do protagonista.
Gústavos como nos está quedando? Aquí vai o acto que celebramos con Fina Casalderrey



fotografía Elías